Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Gerca une forzas co IES Fernando Blanco para ofrecer un novo FP de Soldadura e Caldeiraría

FP GERCA_IES FERNANDO BLANCO
Gerca une forzas co IES Fernando Blanco para ofrecer un novo FP de Soldadura e Caldeiraría

A empresa vimiancesa Gerca Acero y Metal leva anos dando apoio aos distintos formatos de FP Dual e traballando con diferentes centros de ensino da Costa da Morte. Este ano foron máis alá e crearon a súa propia FP Dual xunto co IES Fernando Blanco de Cee, completando así a oferta educativa do centro ceense.

Trátase dun Grado Medio de Soldadura e Caldeiraría adaptada ao 100% ás necesidades da empresa vimiancesa xa que ten como obxectivo formar novas incorporacións para a mesma. O plan formativo, polo tanto, confecciónase entre o centro educativo e a propia empresa e xa dende o primeiro ano o alumnado realiza prácticas remuneradas en Gerca.

Germán Mouzo, o xerente da empresa, sinala que “este tipo de formación é idónea para preparar aos mozos e mozas para o mercado laboral e xerar emprego na Costa da Morte”.

O prazo de inscrición xa está aberto e remata o día 5 de xullo, e logo das entrevistas personalizadas sairá para mediados de mes a lista de prazas adxudicadas e en espera.

Máis novas sobre o FP

Comentarios