Mércores. 01.02.2023
El tiempo

Hijos de Rivera instalase no polígono industrial de Vimianzo

Hijos de Rivera instalase no polígono industrial de Vimianzo
poligono-vimianzo A nave construirase nunha parcela duns 5000 metros cadrados Boas novas para o sector económico de Vimianzo. O concello acaba de conceder unha licenza a Hijos de Rivera, SAU, para a construción dunha nave no parque empresarial de Vimianzo. A nave ocupara máis de 3500 metros cadrados nunha parcela de case 5000. Contará con 5 zonas de carga e descarga e 38 prazas de aparcamento. O orzamento da execución material da obra rolda o millón de euros. "Con esta construción o parque empresarial de Vimianzo continúa a acoller novas industrias, como ven sucedendo dende o ano 2011, ano dende o que se asentaron nel máis de media ducia de novas empresas", sinalan dende o concello de Vimianzo. O alcalde, Manuel Antelo, mostra a súa satisfacción pola instalación desta nova empresa xa que é moi importante a instalación no solo do concello dunha empresa destas característicase coas dimensións das instalacións que Hijos de Rivera construirá no parque. Para Antelo a instalación de empresas e o despegue do Parque Empresarial de Vimianzo nos últimos tempos son o froito do traballo desenvolvido dende que chegoau á alcaldía no ano 2011, con accións encamiñadas a facilitar a instalación de empresas no polígono. "Sirva como exemplo a aprobación no último Pleno do Concello de reducións do ICIO para empresas que desexen instalarse en Vimianzo", indican desde Vimianzo. Con todo, para Antelo a gran asignatura pendente é a rebaixa dos prezos do solo industrial. "Non pode ser que os parques empresariais propiedade de SEA (Goberno do Estado) teñan os prezos máis elevados que os dependentes de Xestur (Xunta de Galicia) nin que, nunha zona coma a nosa, con constantes perdas de poboación, non se fomente a instalación de novas empresas. Novas relacionadas Fonte

comentarios