Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Hoxe hai festa en Baíñas

Hoxe hai festa en Baíñas
A parroquia vimiancesa de Baíñas acolle hoxe unha xornada moi especial de festa. Non está nada mal marchar de festa nada máis comezar a volta ao traballo, en moitos casos. A festa comezará ao mediodía, cos actos relixiosos. Haberá misa á unha para honrar á Virxe do Carme. Logo será a quenda para os pasarrúas. Da sesión vermú encargarase o grupo Océano, que tamén fará a verbena. A festa rematará a altas horas con música sen pausa cun grupo de dj's.

Máis información

Fonte

Comentarios