Mércores. 23.10.2024
El tiempo

O incendio dun vehículo en Cures provocou un incendio forestal

Incendio coche Cures Vimianzo forestal
O incendio dun vehículo en Cures provocou un incendio forestal

Esta tarde de mércores 3 de xullo, o incendio dun vehículo nunha estrada de Cures, Vimianzo, provocaba un incendio foretal. O coche sufría un accidente e pronto prendía o motor. O Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento do parque Comarcal Provincial de Cee acodían a sufocalo.

Pero o incendio tamén se propagou á masa forestal da zona quedando controlado ás 16:53 horas.

Completaron o operativo a Policía Local de Vimianzo, dous helicópteros do Medio Rural e dúas cuadrillas forestais.

Comentarios