![incendio cures]()
Esta mañá rexistrouse un complicado incendio nunha granxa con animais en Muíño da Agra, Cures, parroquia de Carnés, Vimianzo. Eran as 10:00h cando xa acodían os Bombeiros de Cee, Garda Civil, e Protección Civil e Policía Local de Vimianzo.
Ardiu a planta de arriba e o tellado, ademais de varias máquinas e herba seca, pero afortunadamente non houbo feridos nin morreu ningún animal.
O incendio foi sufocado ás 14:30h da tarde.