Xoves. 25.04.2024
El tiempo

IxVimianzo indígnase coa xestión e o cinismo do alcalde

IxVimianzo indígnase coa xestión e o cinismo do alcalde

Envía hoxe o grupo de Independientes por Vimianzo unha nota na que amosa a súa "decepción e indignación pola xestión do actual Alcalde". O grupo considera que "o cinismo non pode ser maior, no inicio do anterior mandato Manuel Antelo, actual alcalde, convocou unha manifestación diante do concello, agora critica que nós somos moi duros, ten pouca memoria".

A "contratación da número 5 da súa lista como secretaria do alcalde (que ata consideran ilegal) ou a dun avogado do seu concello do seu partido" demostran, para IxVim a súa "hiprocresía" por manifestar que "o concello non ten cartos". Ademais denuncia que "contrata obras a empresas sen capacidade para ser contratadas pola administración pública".

Pero o que máis sorprende ao grupo da oposición é o último gasto en mobiliario duns 70.000 euros, nos que entra a reforma da Alcaldía.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de IxVimianzo.

Comentarios