Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Lamentan os actos vandálicos en varios puntos de Vimianzo

Acto vandálico Vimianzo
As novas sinais apareceron con pintadas
Lamentan os actos vandálicos en varios puntos de Vimianzo

O Concello de Vimianzo insta á veciñanza a preservar o mobiliario urbano tras detectar actos vandálicos na nova sinalización, concretamente na parroquia de Calo, en Pasarela.

A Administración local vén de instalar recentemente máis de 200 elementos totalmente novos, co conseguinte esforzo económico, e en apenas dous meses saltan as alarmas tras detectarse pintura branca que cobre case por completo un destes letreiros indicativos. 

As primeiras pesquisas apuntan a unha “gamberrada” para chamar a atención e o goberno municipal manifesta a súa total condena “a este ataque a uns elementos que son de toda a veciñanza e que demandaban veciñas e veciños desde hai moito tempo”, inciden, e califícano como “atentado contra o noso mobiliario”.

As forzas e corpos da seguridade xa están investigando os feitos e desde o Concello de Vimianzo ínstase a que, si alguén ten algunha información ou ten visto algo a este respecto, llo faga saber tanto á Policía Local como á Administración local.
 

Comentarios