Sábado. 20.04.2024
El tiempo

“O lobo anda por aquí, así que por agora non me animo a comprar máis ovellas”

lobo ataque Berdoidas
Axentes da Xunta tomando nota do ataque
“O lobo anda por aquí, así que por agora non me animo a comprar máis ovellas”

A pasada madrugada do luns, o lobo volveu atacar en Berdoias. Así o denuncia Ramón Lema, xubilado que coidaba deste pequeno rebaño de 10 ovellas para consumo propio e que non pode durmir dende entón.

Responsables da Xunta xa pasaron polo lugar para recoller os cadáveres e Lema puido ir a Unións Agrarias a rexistrar a solicitude para recibir as axudas pola morte dos animais.

Unhas axidas que “en calquera caso non me valen para nada, que o disgusto non mo quitan”, recoñece. Recoñece que poderá recibir ata uns 1.000 polas axudas (uns 115 euros por cada ovella adulta, 70 por año, e apenas 26 por unha ovella maior), tendo en conta que terá un 30% extra por estar o Concello de Vimianzo en zona de risco.

WhatsApp Image 2022-09-26 at 20.54.29(1)

Lema destaca que a agra na que estaban as ovellas está situada moi preto das casas, e que está rodeado por un valado de 2 metros de alto, agás a porta principal, que está nunha pista en plena zona residencial, e que só ten un metro de alto. “Tivo que entrar por esa porta”.
Lembra igualmente que xa é a segunda vez que lle acontece algo así, que hai dous anos o lobo matoulle un exemplar. “O lobo anda por aquí, así que por agora non me animo a comprar máis”, sentenza.

Novas relacionadas

Comentarios