Venres. 26.04.2024
El tiempo

Máis de 500 palilleiras de todo o estado danse cita este sábado en Vimianzo

Xuntanza de Palilleiras en Vimianzo
Imaxe da Xuntanza do ano pasado
Máis de 500 palilleiras de todo o estado danse cita este sábado en Vimianzo

A Asociación de Palilleiras As Nemanquiñas de Vimianzo ten todo preparado para este sábado 5 de novembro. A  15ª palillada de Vimianzo será outro fito para unir centos de palilleiras de toda galicia e parte do estranxeiro.

Á cita, que arrincará ás 10:00h no pavillón, achegaranse máis de 500 tecedoras de Soria, Viveiro, Sarria, Lugo, Vigo, Cambados, Vilanova de Arousa, Tui, O Porriño, Ribeira Sacra, A Coruña, Boiro, Valga, Ferrol, Fene, Neda, Ames, Betanzos, Arteixo, Coirós, Noia, Oleiros, Cariño,SalvaTerra, Ponteareas, Burela, Portonovo, Pontevedra, Padrón, Narón, Ferrol,
Lousame, Abegondo, Muxía, Camariñas , etc e como non de Vimianzo.

A comida de confaternidade será ás 13:30 horas na Parrillada Montevideo, que contará coa alcaldesa Mónica Rodríguez á que as Nemanquiñas queren agradecer a súa colaboración

Comentarios