Martes. 07.12.2021
El tiempo

Máis de 1.000 inscritos nas escolas culturais e deportivas do Concello de Vimianzo

Máis de 1.000 inscritos nas escolas culturais e deportivas do Concello de Vimianzo

O Concello de Vimianzo presentaba na fin de semana no salón de plenos do concello o programa de actividades deportivas e culturais que comeza hoxe luns día 15 de outubro na que se conta con máis de 1000 persoas inscritas, arredor de 600 inscritos nas actividades deportivas e máis de 450 nas culturais.

O alcalde fixo a presentación, agradecendo a gran labor dos ténicos e monitores, un día antes dunha das xornadas máis agardadas do Programa de Outono, coa obra "O método Gronhölm" de Talía Teatro, que como era visto, encheu o Auditorio da Casa da Cultura e deixou a todo o mundo encantado.

Unhas actividades para todos

Manuel Antelo destacou na súa intervención a continuidade das actividades que xa se ofertaban e a inclusión de novas actividades que atenden á demanda dos veciños e veciñas. Deste xeito entre as escolas culturais (12) a principal novidade está na actividade de guitarra, que en anos anteriores impartía unha asociación, que conta con 62 inscrición e con listaxe de espera. Ademais a descentralización das actividades é clave, seguindo o Concello, para chegar a toda a veciñanza.
Polo demais mantéñense as actividades anteriores: escola de teatro con catro grupos de adultos en Vimianzo, Salto, Pasarela e Berdoias, e dous infantís en Carantoña e Vimianzo; a escola de palillo, que se imparte en Baíñas e Vimianzo; a escola de arte, que ten 46 inscritos en Vimianzo e con listaxe de espera; a escola de música coas disciplinas de linguaxe musical, piano, violín, guitarra, citada anteriormente, pandeireta (en Vimianzo e Berdoias), gaita e percusión. A escola de danza mantense con baile de salón e baile galego en Vimianzo, Salto e Pasarela; e as Vimitardes, como actividade de conciliación familiar para os máis pequenos que terá lugar en Vimianzo, Baíñas e Carantoña, segundo a demanda das inscricións.
Nieves Lema, técnica de cultura destacou o número de inscrición que hai en listaxe de espera, que fará que aumenten as cifras de inscritos nas vindeiras semanas.

No que se refire ás actividades deportivas (14) hai dúas grandes novidades que atenderon ás petivcións dos veciños e veciñas, que son ioga e pilates. A primeira destas disciplinas impartirase no xinasio municipal e conta con máis de 40 inscritos e pilates impartirase en Baíñas e Vimianzo e conta con 70 inscritos, e en ambas as dúas actividades hai listaxe de espera.
En canto ás demais escolas dáse continuidade ás que xa existían: pequemotricidade, taekwondo, patinaxe (Vimianzo e Baíñas), baloncesto, fútbol sala (Vimianzo e Baíñas), fútbol infantil, tiro con arco, xadrez (que se inicio o ano pasado como proba), aeróbic (Vimianzo, Salto, Baíñas, Cereixo, Carnés, Bamiro e Carantoña) e actividade física para maiores (Berdoias, Bamiro, Treos, Vimianzo, Carnés, Cereixo e Tines).
En total hai máis de 600 persoas inscritas, ás que hai que engadir as persoas con enfermidade crónica que participan no programa Bule con Alcer e os usuarios e usuarias do ximnasio municipal. O técnico de deportes, Víctor Santos, quixo recalcar que máis de 300 inscritos nas actividades deportivas, en contra do que se poida pensar, son persoas maiores, poloque se ve un interese polo deporte na poboación adulta.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios