xoves. 22.05.2025
El tiempo

Manuel Antelo volverá buscar a alcaldía polo BNG de Vimianzo

Manuel Antelo volverá buscar a alcaldía polo BNG de Vimianzo
Celebraba esta fin de semana unha asemblea o BNG vimiancés para decidir o candidato ás eleccións municipais en Vimianzo. Máis de 200 militantes e simpatizantes coñecían ao candidato. E será de novo Manuel Antelo o que busque a alcaldía o vindeiro mes de maio. Será o propio Antelo o que elabore "unha candidatura en diálogo cos militantes e simpatizantes que resulte a máis capacitada, preparada e representativa para este fin". “A xente de Vimianzo pídenos que traballemos a fondo nas eleccións porque o noso concello precisa outro goberno e outro alcalde que o saquen destes anos perdidos de goberno municipal, e nós confiamos en Manuel Antelo”, din fontes da dirección local. O grupo do BNG séntense obrigados a traballar co obxectivo de acadar a alcaldía, pois ven unha forte demanda cidadán a prol dun cambio de rumbo municipal. Os nacionalistas son moi críticos coa situación de abandono do parque que mesmo supuxo que lle roubaran o cabo de cobre da rede eléctrica. “Vimianzo carece de goberno con ideas e proxectos, e iso vese no asunto do xeriátrico, e do parque e a EDAR que levan dous anos pechados”, falan dende a oposición. O BNG din do que vai ser o seu candidato que é veciño de Vimianzo, comprometido coa súa xente e que lle quere á súa terra. “Antelo é o candidato que nos pode sacar desta situación de estancamento e poñer a Vimianzo no seu sito, porque lle quere á terra onde naceu”, din os nacionalistas; “ademais, sabemos da súa capacidade para constituír un equipo capaz, formado e con ilusión para darlle un verdadeiro impulso ao noso concello”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios