Sábado. 20.04.2024
El tiempo

En marcha o proxecto da renovación da avenida da Gándara en Vimianzo

Vimianzo  Gandara
En marcha o proxecto da renovación da avenida da Gándara en Vimianzo

O Concello de Vimianzo incluirá dentro das obras a realizar no Plan Único provincial o proxecto de mellora da avenida da Gándara, que une o instituto e a área recreativa do Muíño.

En total, o importe de licitación ascende a 78.206,77 euros e o obxectivo principal é dotar dun novo firme en 220 metros, e ensanchar para que conte con dous carrís de circulación, beiravías e sendas peonís, á par que se instalarán evacuacións de pluviais e preinstalación para futuras redes de iluminación pública.

O edil de Obras, Miguel Ángel Pérez, sinala que “contamos con executar esta obra antes do inicio da tempada escolar para non estorbar así o correcto funcionamento da volta ás clases”, á vez que insiste na “necesidade real de acometer xa non só a mellora no pavimento, coa conseguinte optimización da seguridade, senón tamén instalar sistemas de pluviais e as beirarrúas”, finalizou.

Comentarios