Martes. 01.12.2020
El tiempo

A estrada entre Caxadas e Baíñas terá senda peonil

A estrada entre Caxadas e Baíñas terá senda peonil

O Concello de Vimianzo xa coñece o primeiro borrador do proxecto de mellora da estrada que une os núcleos de Caxadas e Baíñas. As obras, financiadas pola Deputación. incluirán unha mellora integral desta vía nos máis de 4,5 quilómetros cos que conta, e onde se construirá unha senda peonil de case dous quilómetros de longo entre os núcleos de Caxadas e Castrelo. 

O proxecto, que formula a posibilidade de ampliar a ponte situada no punto quilométrico 1+580, vaise solicitar "na maior brevidade".

comentarios