mércores. 30.04.2025
El tiempo

Memorial Martín Pena en Vimianzo

Memorial Martín Pena en Vimianzo
Vimianzo acollerá este sábado, 20 de agosto, o Memorial Martín Pena na honra ao rapaz de dito nome, e que falecía recentemente por mor dunha larga doenza. O evento está artellado pola concellería de Benestar Social, Igualdade e Deportes do Concello. O sábado entregarase en primeiro lugar un recordo aos pais do neno. Despois sairán ao campo os tres equipos participantes. Xogarase un triangular coas categorías cadetes. Participarán o Bergantiños, o Montañeros e o Soneira. Os conxuntos enfrontaranse entre eles, xogando partidos de corenta e cinco minutos. Dende o Concello vimiancés piden a colaboración de toda a xente que queira participar na homenaxe ao neno, que no seu día militaba nos cadetes soneiráns.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Vimianzo.

Comentarios