Os mestres redescrobren entre a chuvia o valor dos Penedos
16:00 17/10/22
Este pasado sábado, máis de medio centenar de profesores da provincia desafiaron o tempo e gabexaron polas rochas dos Penedos de Traba e Pasarela. Foi no marco dun “Roteiro xeolóxico” polo “zoolóxico de pedra no Paleozoico” formulado como formación do profesorado. O eterno Juan Ramón Vidal Romaní guiou en clave xeolóxica o roteiro por esta paisaxe protexida que sobrevive baixo a ameaza dos eólicos.
A chuvia impediu que a lectura dos textos fose máis calmada e sentida, e só ao abeiro da pedra coñecida como o Barco, como a denominou o artista soneirán Roberto Mouzo Lavandeira, Miro Villar, entre outros, leron poemas pondalianos vinculados co singular espazo natural.