Sábado. 04.05.2024
El tiempo

A mocidade de Vimianzo representou a súa historia

Representacion do Asalto ao castelo
A mocidade de Vimianzo representou a súa historia

O pasado sábado día 1 de xullo, no marco do Asalto, ás 17:00h no patio do castelo, as rapazas e rapaces de Vimianzo de distintas idades fixeron unha representación teatral onde se explicaba a historia do castelo.

Unha obra elaborada e iniciada pola mestra Chus Barbeira fai anos; o vestiario dos rapaces foi feito por ela e por Marta Miñones, de dirixir a obra encárganse Guillermo del Moral e Roque Cernadas. As actrices e actores que actuaron son: Alexandra Romero, Iker Muíño, Ánxela García, Paula Cundíns, Nuria Castelo, Uxía Caamaño, Tomás Ramos, Alberto Andújar, Paula Andújar, Ramiro Martínez, Julio Figueiras, María Mas, Natalia Torres, Mario Roget, Mencía de Vicente, Manuela Villar, Sergio Platas, Nuno Costa, Amaia Costa, Candela Costa, Luzía Roget, Carmen Villar, Sergio Mouzo, Irza Sampedro, Emma Pérez, Pablo Pérez, Jacobo Lema.

A historia da obra

Na representación comézase explicando a lenda sobre a serea dos Mariño da Lobeira. Seguidamente, Dona Xoana de Castro (con avanzada idade) narra a voda dela con Rodrigo de Moscoso. Despois da voda, coméntase como o fillo de Dona Xoana, Bernal Eáns de Moscoso, lle dou o seu apoio a Alonso de Fonseca para convertelo en Bispo pensando que este o nomearía Pertigueiro Maior.
Cando o Bispo non o nomea Pertigueiro Maior a Bernal, este prepara unha guerra e secuestra ao bispo en Vimianzo. Tamén se narra a negociación que tivo a nai do bispo con Bernal Eáns de Moscoso para sacar ao seu fillo do secuestro.
Despois nárranse as as guerras irmandiñas, onde o pobo toma o poder e tamén como este o perde e reconstrúe o castelo baixo as ordes de Alonso II de Fonseca. Na seguinte escea unha dama conta lenda do aforcado, onde Lopo Sánchez de Moscoso manda aforcar a Fernando de Xinzo, así coma o milagre que salvou a Fernando de Xinzo. Xa nunha época máis moderna, en pleno Rexurdimento, aparecen conversando Evaristo Martelo e Eduardo Pondal para despois seguir cos sucesos do Castelo en plena segunda República.
Nestes sucesos explícase como se expropiou o castelo para o seu uso público na Segunda República e como se levantan as 3 bandeiras (Republicana, comunista e a de CCOO) de xeito simbólico, así como despois as tropas fascistas de Franco rebentan a porta a tiros e arrebatan o castelo ao pobo e llo entregan á familia dos Martelo. Para rematar a representación aparece unha reporteira explicando a vida que o castelo ten a día de hoxe.

Comentarios