Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Un motorista ferido tras un novo accidente no cruce de Berdoias

IMG-20230808-WA0012_edit_37594958665094
Un motorista ferido tras un novo accidente no cruce de Berdoias

Arredor das 12.00 desta mañá de martes, rexistrábase un novo accidente no cruzamento de Berdoias, na intersección entre a AC441 (Km. 21) e a AC550, no termo municipal de Vimianzo.

Tratouse dunha colisión entre unha moto e un vehículo. Un veciño alertaba ao 112 que mobilizaba á Urxencias Sanitarias 061, Garda Civil, Protección Civil, Policía Local e Bombeiros de Cee.

O motorista resultaba ferido e tivo que ser evacuado en ambulancia.

Os Bombeiros e os axentes de mantemento axudaron na retirada do vehículo.

Comentarios