Xoves. 25.04.2024
El tiempo

As Nemanquiñas volven xuntar este sábado 400 palilleiras no pavillón de Vimianzo

Imaxe dunha Xuntanza de Palilleiras dos últimos anos antes da pandemia
As Nemanquiñas volven xuntar este sábado 400 palilleiras no pavillón de Vimianzo

Símbolos da volta a normalidade atopámolos todos os días. Un pode ser a celebración, este sábado 13 de novembro, da XIV Xuntanza de Palilleiras en Vimianzo, da man da Asociación de Palilleiras As Nemanquiñas de Vimianzo

A partir das 10:00 irán chegando ao pavillón palilleiras de Viveiro, Sarria, Lugo, Vigo, Cambados, Vilanova de Arousa, Vilagarcía da Arousa, Tui, O Porriño, Ribeira Sacra, A Coruña, Boiro, Valga, Ferrol, Fene, Neda, Ames, Betanzos, Paderne Arteixo, Coirós, Noia, Porto do Son, Oleiros, Cariño, Valdoviño, Esmelle, Abegondo, Cantabria, Camariñas, etc e como non de Vimianzo.
A comida de confaternidade será ás 13:30 horas no Restaurante Pastoriza.

A entidade quere amosar o seu agradecemento á alcaldesa Mónica Rodríguez Ordóñez polo apoio brindado para o desenvolvemento desta actividade.

Comentarios