Xoves. 02.05.2024
El tiempo

As Nemanquiñas xuntan palilleiras de toda Galicia en Vimianzo

Encontro Palilleiras Vimianzo 2022 1
Encontro Palilleiras de Vimianzo do ano pasado
As Nemanquiñas xuntan palilleiras de toda Galicia en Vimianzo

A Asociación de Palilleiras As Nemanquiñas de Vimianzo organiza este sábado 18 de novembro de 2023. a 16ª palillada no Pavillón de Vimianzo

Unhas 650 palilleiras chegarán de moitos puntos de Galicia como Viveiro, San Ciprián, Burela, Sarria, Lugo, Vigo, Cambados, Bueu, Vilanova de Arousa, Tui, O Porriño, Ribeira Sacra, A Coruña, Boiro, Valga, Ferrol, Fene, Neda, Ames, Betanzos, Cambre, Paderne, Arteixo, Coirós, Noia, Porto do Son, Oleiros, Cariño, Valdoviño, Esmelle, Abegondo,Camariñas , etc e como non de Vimianzo.

O obxectivo da xuntanza é unir os intereses de todas coa finalidade de promover a nosa artesanía o encaixe.
Nesta xuntanza ó mesmo tempo que se exhiben os nosos traballos tamén intercambiaremos experiencias e ideas as /os participantes.

O pavillón estará aberto a partir das 10:00 horas da mañá para todo o público que queira ver as demostracións de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas).
A inauguración será as 12:00 e a comida de confaternidade será ás 13:30 horas no Restaurante Santos. O horario para o público será

As Nemanquiñas agradecen a colaboración da rexedora Mónica Rodríguez.

Comentarios