Novas obras de saneamento para os lugares vimianceses de Piñeiros, Paizás e Castiñeiras
08:29 04/11/20
Continúa medrando a rede de saneamento do Concello de Vimianzo. E faino con traballados financiados polo Plan Único (POS+ 2020) da Deputación.Desta volta serán 150.000€ investidos para a instalación da rede de abastecemento de auga nos tres lugares da parroquia de Cambeda, pois ata agora só chega ata Sanfíns.
O prazo de execución dos mesmos será dun total de 5 meses desde o seu comezo. Canalizarase un total de 3.147 metros con tubaxe de polietileno coas correspondentes válvulas e arquetas de aloxamento, e para o que previamente haberá que excavar unha zanxa e formalizar o recheo compacto da mesma.