mércores. 04.12.2024
El tiempo

O alcalde de Vimianzo, desimputado

O alcalde de Vimianzo, desimputado
Manuel Antelo alcalde e candidato do BNG de Vimianzo Manuel Antelo, alcalde vimiancés

Seguen chegando novas relacionadas coa Xustiza en Vimianzo. Desta volta, a xuíz do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución número 2 de Corcubión acaba de ditar un auto polo cal arquiva a instrucion, iniciada a raíz dunha denuncia da oposición, pola que foron chamados a declarar o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, e os membros da Xunta de Goberno Local en calidade de imputados.

Coa denuncia a oposición pretendia enlamar un contrato administrativo de asistencia á Alcaldia no ano 2011 e que o auto ven de confirmar como axustado a dereito e polo tanto sen ningun tipo de elemento ilegal. No auto indícase que un procedemento que se podería ter feito mediante un contrato menor, na realidade se realizou con máis garantías mediante un procedemento negociado totalmente axustado a dereito.

Denuncia así o alcalde ao grupo do PP de “presentar denuncias falsas” e esixe “aos responsabels do Partido Popular unha retificación das suas acusacións e unhas desculpas polo dano causado ás veciñas e veciños de Vimianzo”.

Fonte

Comentarios