Mércores. 08.05.2024
El tiempo

O Castelo de Vimianzo completa a súa oferta didáctica cunha unidade específica para os máis pequenos

O Castelo de Vimianzo completa a súa oferta didáctica cunha unidade específica para os máis pequenos
unidade-didactica-castelo-vimianzo As ilustracións servirán para que o alumnado de 3 a 8 anos coñeza a historia do Castelo de Vimianzo "A visita ilustrada" é o nome da nova unidade didáctica que vén de poñer en marcha o Concello de Vimianzo nun dos seus puntos turísticos clave: o Castelo. A presentación do programa tivo lugar o pasado venres, 4 de maio, ante a espectación de máis de 100 nenos e nenas procedentes das distintas escolas unitarias de Carballo. Esta nova unidade didáctica - que se suma ás que se lle ofrecen aos demais ciclos educativos - está dirixida ao alumando de 3 a 8 anos co fin de espertar o seu interese polo monumento a través do teatro e de ilustracións didácticas debuxadas por Rubén Rial. Tras a visita, agasallaranse as mesmas viñetas en formato reducido e para colorear de modo de que os nenos e nenas podan levar para os seus fogares o relato do Castelo vimiancés. Desta forma, complétase unha serie de adaptacións ás visitas guiadas convencionais ideadas para os distintos niveis educativos. Así, os centros educativos interesados poden contactar co concello de Vimianzo para recibir información sobre as distintas propostas destinadas dende os 3 até os 18 anos. Outras unidades didácticas Dentro do ciclo de primaria, a actividade "Os Catro Escudos" emprega como recurso educativo os contos e as lendas sobre este emblemático edificio. Para secundaria e bacharelo ofrécese o xogo do "O safari fotográfico" que consiste en localizar os distintos elementos dun Castelo e para os maiores está a unidade didáctica "Arquitectura de poder" coa que se profundiza sobre as distintas etapas da Historia de Galicia. Estas últimas actividades xa están en marcha - e con moi boa aceptación - dende o pasado curso académico. Este ano, todos os centros educativos que contraten as visitas escolares ao Castelo poden participar no concurso de Turismo Escolar da Deputación da Coruña xa que a fortaleza é de propieda provincial. Todas as actividades do Castelo son de balde. Novas relacionadas Fonte

Comentarios