Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Vimianzo tinguirase de verde o vindeiro 25 de maio para camiñar contra o cancro

VIMIANZO ANDAINA CONTRA O CANCRO
Vimianzo tinguirase de verde o vindeiro 25 de maio para camiñar contra o cancro

Vimianzo  tinguirase de verde para seguir camiñando na loita contra o cancro. A andaina solidaria, organizada pola Asociación Española contra o Cancro en Vimianzo en colaboración co Concello, terá lugar o sábado 25 de maio de 2024.

A saída será ás 16:30 horas da praza de Cereixo e terá un percorrido de 7 quilómetros completamente accesible a todo o mundo. Ademais, incluirá diferentes visitas guiadas en puntos singulares do municipio, como o carballo e a Igrexa de Cereixo, o castiñeiro do Cura, Rosalía de Castro, a Fagía, o mural de San Cristovo, o muíño das Mareas e o paseo fluvial.

As persoas que queiran participar xa poden inscribirse nos lugares habilitados nas diferentes parroquias do municipio ou de maneira online a través da ligazón.

A contribución por persoa será de 5 € e de 3 € no caso das crianzas de ata 12 anos de idade. Ademais, para as persoas que non poidan asistir pero queiran colaborar habilitarase un dorsal solidario na web da entidade.

O remate da camiñada estará amenizado por unha gran actuación musical e uns petiscos.

A Asociación Española Contra o Cancro presentou o seu Club de Saúde en Vimianzo

Comentarios