O Comercio de Vimianzo promociona o consumo local cun completo catálogo

08:29 18/12/14

Xa temos o Nadal enriba, e por Vimianzo non paran. Xa vimos o completo Programa de Nadal, completo e pensado para todos. Pero dende o concello pensan, e moito no pequeno Comercio de Vimianzo, i é que nestes tempos de consumo esaxerado, hai que pensar ben onde se deixan os cartos.
Así, ademais do fantástico Concurso de Escaparates, o Comercio de Vimianzo vén de lanzar un catálogo con algunas ideas dos comerciantes de Vimianzo para facer agasallos este Nadal 2014.
É como o catálogo de Ikea, pero das tendas da casa, pois polo Nadal, e durante todo o ano, hai que comprar no comercio local.
Concurso de Escaparates

Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).