O Encaixe non ten idade nin sexo


A nova Xuntanza de Palilleiras de Vimianzo demostrou que o Encaixe non é só cousa de mulleres. Foron máis de 500 as persoas que ateigaron o pavillón municipal vimiancés, todas armadas cos seus enseres para palillar e palillar. E este 7º ano de Xuntanza, os protagonistas foron os homes, e os pequenos, demostrando que hai canteira de sobra.
Chegaron palilleiras de todo o país: Lousame, Viveiro, Foz, Cervo, Burela, Sarria, Ferrol, Neda, Cedeira, Cariño, Ames, Pontevedra, Vigo, A Coruña, Boiro, Valga, Camariñas, Muxía, Padrón, Burela, Marín, Narón, Fene, Cambre, Salvaterra do Miño, Betanzos, Coirós, Carral, Vilanova de Arousa, Noia, Sada,etc e como non de Vimianzo.


E cómpre destacar a presencia de varias palilleiras de renome, como Ernesta Miñones, a vimiancesa máis maior na Xuntanza aos seus 82 anos.

Aínda lle faltan a Ernesta uns cantos para alcanzar á viveirense Isabel García, de 95 anos, á que o Concello quixo obsequiar por se a máis maior de toda a cita.
Comprobamos así como a mestura xeracional fai deste saber tradicional un tesouro patrimonial.

Novas relacionadas
- Xuntanza 2008: Vimianzo xuntou a case todas as palilleiras do estado.
- 26.900€ en subvencións do Concello de Vimianzo ás asociacións.
- BIComún: Reflexionando sobre o noso patrimonio.
- Vimianzo fixo protagonistas aos debuxantes, palilleiras e actores locais.
- Mostra do Encaixe 2013: O Encaixe continúa sumerxíndose no século XXI.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).