O GDR organiza unha xornada para poñer en valor a pontencialidade do monte
08:10 05/07/18
A casa da Cultura de Vimianzo acolle o próximo mércores, 11 de xullo, ás 18:30 horas unha nova xornada organizada pola asociación Costa da Morte - GDR. Ésta será a 3ª das xornadas coas que a entidade pretende poñer en valor as potencialidades da Costa da Morte como motor de emprego. Nesta ocasión, abordarase o aproveitamento do monte.
A xornada arranca coa intervención de Francisco Dans del Valle, director da asociación Forestal de Galicia (AFG), que falará da "Situación dos montes en Galicia". A continuación, realizarase un panel de inciativas no que participarán Alejandro Oliveros García, director de Ordenación Forestal de ENCE, que falará da "industria madereira como dinamizadora da produción forestal"; César Pérez, veterinario, que falará do "Silvopastoreo con razas autóctonas"; e Erika Martínez Carreira, enxeñeira de Montes especialista en Xesión de Desenvolvemento Sostible, para falar da "Actividade resineira en Galicia".
Despois das intervencións, haberá un coloquio cos ponentes e a continuación unha degustación de productos. Xa o sábado, día 14, o GDR organiza unha xornada de visitas á zona da comarca de Forgoselo (A Capela), co fin de ver distintos aproveitamentos da madeira, producións complementarias, aproveitamento gandeiro,... A saída será ás 08:30 horas de Vimianzo e ás 09:00 horas de Coristanco para dirixirse ata A Capela, San Sadurniño e As Pontes de García Rodríguez. O regreso está previsto para
as 19:00 horas a Coristanco e Vimianzo ás 19:30 horas.
Os/as interesados/as poden ter máis información sobre as xornadas no 981 71 73 58 ou na páxina web do GDR.
Novas relacionadas
- O GDR organiza unha xornada para poñer en valor o patrimonio natural e cultural da zona
- O GDR artella catro Xornadas para poñer en valor os nosos recursos económicos
- Redacción QPC ([email protected])
- GDR Costa da Morte