O liño mantén vivo o Castelo de Vimianzo
Continúa en marcha os os obradoiros de artesanía que manterán vivo o Castelo de Vimianzo durante o mes de seembro. Xa aprendimos a facer pezas de barro co oleiro Fernando Cambón, e esta pasada fin de semana tocaba liño.
Oito bravas mulleres da Asociación de Amigos do Liño de Zas, comandadas pola presidenta Carmen Riveiro, tomaron o patio de armas do Castelo para facer unha demostración da tasca de liño, seguindo todo o proceso de elaboración desta materia prima, dende que se recolle ata que se converte en fío. Numerosas persoas pasaron pola fortaleza para ver a demostración e visitar o castelo.
Mentres, n cociña do Castelo tamén se pode ver a exposición de prendas de liño que participaron no certame Antonio Fraguas da Diputación, e nos próximos días rematará a mostra de olería que se atopa no mesmo lugar. Durante todo o ano continuará habendo diversas actividades no castelo co fin de dinamizar e promocionar este centro turístico.
Novas relacionadas
- Recunchos da Costa: Castelo de Vimianzo.
- O Oleiro Fernando Cambón inaugurou os obradoiros artesanais do Castelo de Vimianzo.
- Máis de 30.000 visitas aos 5 edificios históricos da Costa da Morte.
- Oleiría e Liño abren en setembro o calendario de exposicións e actividades no Castelo de Vimianzo.
- Os artesáns do Museo de Artesanía en vivo do Castelo de Vimianzo.