Martes. 10.09.2024
El tiempo

O PP de Vimianzo acusa a Antelo de moverse por "revanchismo" no litixio polo servizo de axuda no fogar

O PP de Vimianzo acusa a Antelo de moverse por "revanchismo" no litixio polo servizo de axuda no fogar
Volve a saltar o tema do serivzo de Axuda no Fogar do concello de Vimianzo. Nesta ocasión, a portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Vimianzo, Raquel Rodríguez, acusou onte ao rexedor, Manuel Antelo, de moverse por “revanchismo” no litixio que mantén desde hai máis dun ano con sete traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar - SAF -, a pesar da recente validación do Tribunal Central de Contratación. Segundo indican os populares nunha nota de prensa, Raquel Rodríguez levou a cabo esta acusación despois de que a Inspección de Traballo abrise expediente sancionador ao concello de Vimianzo por supostas irregularidades na situación das empregadas neste servizo. “O que di o expediente é o que levamos máis dun ano denunciando desde a oposición: que o señor Antelo obrigaba a estas traballadoras a pagar do seu peto os desprazamentos que realizaban a diario entre os domicilios dos distintos usuarios”, sinala Rodríguez. Neste sentido, a portavoz dos populares pediulle ao alcalde que deixe de escusarse dicindo que “todo o mundo mente, a oposición, os xulgados e inspección de traballo”, e esixiulle que poña fin a un asunto que, segundo explicou, comezou “curiosamente desde que o señor Antelo ten maioría absoluta no goberno municipal”. Sobre este punto, Rodríguez lembrou que, das sete empregadas, a que menos tempo traballando neste servizo faino desde hai oito anos, mentres que Manuel Antelo leva cinco como alcalde. “O Servizo de Axuda no Fogar sempre funcionou ben, sen problemas e sen ningunha queixa por parte destas traballadoras ata que o alcalde empezou coa súa purga particular desde que ten a maioría no concello”, denunciou Rodríguez. Multa Así mesmo, desde o grupo popular denuncian que a actitude e os “caprichos” do señor Antelo en todo este litixio poden saírlle moi caros aos veciños de Vimianzo. “Hai unha sentenza que lle dá a razón a unha traballadora e agora temos este expediente de inspección de traballo”, indicou Rodríguez, quen incidiu en que, de darlle a razón a estas empregadas, o concello terá que facer fronte á multa, aos gastos do xuízo e á correspondente indemnización cos seus atrasos. Por todo iso, a popular instou ao señor Antelo a “poñer punto e final” ao que cualificou dunha “guerra sen sentido” contra unhas persoas que o único que están a reclamar son os dereitos que recolle o seu convenio.   Novas relacionadas

Fonte

Comentarios