Venres. 29.03.2024
El tiempo

O PP de Vimianzo valora a primeira semana de Antelo como un “desastre e un esperpento”

O PP de Vimianzo valora a primeira semana de Antelo como un “desastre e un esperpento”

Comeza convulsa a lexislatura de Manuel Antelo en Vimianzo. Primeira semana e xa a oposición cataloga de "desastre e un esperpento" os seus primeiros días como alcalde. É a voceira do PP vimiancés, Carmen Borbujo, a que fai estas declaracións nas que amosa o seu "estupor ante o novo rexedor de Vimianzo, que demostrou na súa primeira semana o que vai ser o "futuro" deste Concello".

Borbujo ínstalle a Antelo e ao BNG "a que presente un plan de aforro e de traballo e que se esqueza das fechaduras das portas". Borbujo considera que Antelo é un "Rexedor incapaz de negociar" ao non poder pactar co PSOE. Critica que "o seu principal traballo nesta semana foi saír nos medios de comunicación, cambiar as fechaduras do consistorio e quitar as luces dun coche que vai seguir utilizando".

Tamén critica a voceira do PP que a xunta de portavoces se tela realizado durante esta semana por separado e lamenta que manteña a súa dedicación exclusiva como alcalde "por tres mil euros ao mes mantendo o seu soldo na televisión de Galicia de case 7000€, e a dedicación dunha persoa de confianza que non é ningún dos seus concelleiros". Dende o PP pide que o soldo desa persoa de confiaza "o pague do soldo da tvg" e solicita a posta en marcha urxente dun "plan de emprego" para "contratar ao maior numero de persoas desempregadas aínda que sexa por media xornada e non ampliar a xornada a un traballador que xa recibía un soldo e é amiga da súa familia como fixo esta semana", denuncia Borbujo.

Reunión do Concello coa Plataforma para o Desenvolvemento da Costa da Morte

Paralelamente continúan as actividades do novo grupo de goberno. Hoxe luns, 20 de xuño de 2011 ás 12:00 h., Antelo manterá unha reunión na Sala de sesións do Concello, cos representantes da Plataforma para o Desenvolvemento da Costa da Morte co fin de tratar asuntos de interese común para a Costa da Morte.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da voceira do PP de Vimianzo, Carmen Borbujo.
  • Nota de prensa do Concello de Vimianzo.

Comentarios