Venres. 19.04.2024
El tiempo

O PSOE entra no goberno de Vimianzo

O PSOE entra no goberno de Vimianzo
Tal e como estaba previsto, e logo de moitas reunións, iso si, nacionalistas e socialistas asinaron un pacto para formar un goberno estable en Vimianzo. Así o aseguraron o alcalde da localidade, Manuel Antelo, e o novo primeiro teniente de alcalde, José Antonio Miñones. Antelo amosouse moi satisfeito ante o acordo e considerouno “froito da capacidade de diálogo”. O rexedor referiuse tamén ao papel da oposición, da que dixo que “queda totalmente desacreditada nas súas tentativas de desestabilizar o executivo local”. Miñones tamén dixo estar satisfeito, unha satisfacción que agarda, se traslade ao pobo vimiancés. Deste xeito, a partir de agora as áreas de Benestar Social e Deportes, Obras e Urbanismo, a Policía Local e o Grumir, estarán nas mans dos progresistas. O concelleiro de Obras e Urbanismo será Manuel Rodríguez, quen xunto con Miñones, contarán con dedicacións parciais, cobrando a mesma cantidade que na pasada lexislatura, cando os socialistas xa estaban no poder. Quen non percibirá salario será o alcalde. Antelo seguirá percibindo retribucións atadas ao seu vencellamento co Consello da CRTVG.

Novas relacionadas

Entrevistas QPC

Fonte

Comentarios