Venres. 17.05.2024
El tiempo

O restaurante O Castillo repite como gañador do mellor Pincho Irmandiño

O restaurante O Castillo repite como gañador do mellor Pincho Irmandiño
As Asociacións Cherinkas e Axvalso veñen de entregar o diploma ao mellor pincho irmandiño no pasado Asalto ao Castelo. Os participantes nas rutas de pincho escolleron como gañador ao Secreto de Xoán Mariño, elaborado polo Restaurante O Castillo, o cal repite galardón. O xenuíno diploma foi deseñado por Víctor Santos, en colaboración con Torrado -ambos traballadores do concello- e desde hoxe xa brilla no citado local. Paga a pena botarlle unha ollada. Na imaxe vémos a Jose Ameijeiras e Obdulia Lema, propietarios do restaurante, posando co diploma. Por outra parte, o lote de produtos Mahou co que se obsequiaba ao afortunado que completase a ruta dos pinchos tamén ten dono: trátase de Javier Maceiras, natural de Vilaseco (Vimianzo) quen se leva o seu peso en litros de cervexa. Parabéns e que reparta a súa sorte cos amigos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios