Os alcaldes de Vimianzo e Zas tamén critican a quita aprobada polo PP
10:07 12/04/13
Se esta mañá coñeciamos que o O Concello de Carnota bota o peche simbólico das dependencias municipais durante 17 minutos, os alcaldes de Zas e Vimianzo, tamén do BNG, tras coñecer que o PP acaba de aprobar outra norma para executar o roubo dos aforros de galegos e galegas, a través da maioría que posúe no Congreso dos Deputados, tamén queren transmitir á opinión pública as seguintes cuestións:
- 1. Que a decisión política que ampara esta estafa está baseada unicamente nos intereses do sector financeiro, consolida o culto á usura e á desigualdade e afonda aínda máis na separación entre unha elite máis rica e unha maioría da poboación cada vez máis empobrecida.
- 2. Que existe un comportamento demagóxico por parte de deputadas e deputados galegos do Partido Popular que, mentres din solidarizarse e estar á beira das persoas afectadas, aproban directamente ou consenten con complicidade a posición política do seu partido, aliado da banca e dos intereses financeiros e que, por tanto, ao non representaren a cidadanía galega, merecen a nosa reprobación pública.
- 3. Que este atentado contra aforradores e aforradoras supón un grave prexuízo individual e colectivo para a nosa economía, pois quítannos a posibilidade de que unha parte substancial desas cantidades acabe por significar investimentos no propio concello que poderían axudar ás pequenas economías locais en tempos de crise.
- 4. Que, nese sentido, queremos sumarnos ás voces que esixen a devolución íntegra das cantidades que as persoas aforradoras depositaron sen recibiren información adecuada do produto que adquirían.
Novas relacionadas
- O Concello de Carnota bota o peche contra as Preferentes.
- As rúas de Carballo son tomadas polas manifestacións.
- Os afectados polo fraude forestal e as Preferentes levan a loita ás portas da administración.
- Os alcaldes de Bergantiños tamén se comprometen cos Afectados polas Preferentes.
- Os alcaldes da Costa da Morte únense cos afectados polas Preferentes.
Fonte
- Nota de prensa do Grupo de Goberno do Concello de Vimianzo.