Domingo. 25.09.2022
El tiempo

Os alumnos vimianceses aprende pintura co mestre

Os alumnos vimianceses aprende pintura co mestre

Os nenos e nenas de educación infantil do CEIP San Vicenzo de Vimianzo foron os encargados de inaugurar o programa de visitas guiadas á exposición de pintura de Xurxo Martiño. Unhas visitas das que disfrutarán todos os nenos do Concello, e que elabora, ademais, o mesmo Xurxo Martiño, xa acostumado a estas afrontas dada a súa experiencia como docente.

Así, os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos do CEIP San Vicenzo, repartidos en grupos, logo de visitar detalladamente a exposición, elaboraron un mural seguindo as indicación de Martiño. Os escolares tiñan que debuxar unha paisaxe cun número mínimo de elementos, montañas árbores e casas, para aprender a traballar coa profundidade de campo por superposición de planos. Todos os nenos e nenas participaron no debuxo e pintura do cadro, empregando pinceis e rodillos. Unha xornada de aprendizaxe fóra do centro escolar e cun mestre especial.

Un coñecemento por idades

Martiño plantexou a actividade por idades e niveis de coñecemento, de xeito que 1º e 2º de educación infantil traballará a profundidade de campo por superposición de planos creando unnha paisaxe de tres elementos; 3º de infantil e 1º de primaria engadirá un elemento máis á paisaxe aplicando a mesma técnica; 2º e 3º de primaria terán como tema o retrato, que deberán elaborar fraccionado en cuadrículas, practicando posteriormente a técnica da colaxe. 4º e 5º de primaria traballarán as figuras xeométricas para aprender a encaixar un debuxo; e 6º de primaria terá que facer un debuxo dunha obra escollida da exposición, co que aprenderán a analizar unha obra de arte para executar unha copia.

Finalmente os alumnos e alumnas de 3º ESO coñecerán o proceso creativo dun pintor e traballarán a técnica da serigrafía.

Máis visitas

Durante os vindeiros días todo o alumnado do CEIP San Vicenzo participará nesta programación. Onte pola tarde foi a quenda de 2º de primaria; hoxe serán os de 1º, 3º, 4º e 5º os que participen na actividade a partir das 11 da mañá; o mércores rematará o CEIP San Vicenzo coa participación de 6º curso, este mesmo día os nenos e nenas das unitarias de Castromil, Carnés e Carantoña tamén se achegarán a Vimianzo para participar no programa. Os alumnos e alumnas de infantil 1º, 2º e 3º de primaria do colexio de Baíñas participará o luns día 19, e o mércores 21 será o grupo de 3º de ESO do IES Terra de Soneira.
En total serán 367 os escolares que participen na programación didáctica con idades comprendidas entre os 3 e os 14 anos.

Un día para as asociacións

O sábado 24 pola tarde será o día reservado para que as asociacións do concello se acheguen cos seus socios e socias á Sala de Exposicións, onde Martiño realizará unha visita pormenorizada atendendo ás dúbidas que lles poidan xurdir aos presentes, explicando o seu proceso creativo e comentando as diferentes formas de creación que poidan espertar o interese dos participantes.
Unha actividade interesante, aberta a todos os públicos, onde os máis profanos na materia poderemos aprender a ver e entender unha obra pictórica.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

comentarios