Os creadores do Duatlón Cros de Reis de Vimianzo recordan as súas orixes
12:00 09/01/15
E xa está aquí unha das probas deportivas máis agardadas do ano: o Duatlón Cros de Rei que organiza o concello de Vimianzo. A cita é próximo domingo, 11 de xaneiro, ás 11 horas. E os verdadeiros creadores da proba, que é hoxe un referente na Costa da Morte, cóntannos como xurdiu a idea desta competición.
https://www.youtube.com/watch?v=Z6upfV6aW3o&feature=youtu.be
E así, o próximo domingo a praza de Castromil, en Salto, encherase de atletas dispostos a percorrer 30 quilómetros, 21 en bicicleta e 9 correndo, no que o verdadeiro protagonista, dada a época do ano na que ten lugar, adoita ser o tempo meteorolóxico. Esta cita é xa un éxito de participación posto que en pouco máis de 2 días cubríronse as 144 prazas dispoñibles para disputar a proba. Nesta VI edición, ademais dos tradicional trofeo aos 3 primeiros clasificados nas categorías masculina e feminina, o primeiro e primeira clasificada terán un premio especial, por cortesía da Clínica Vimianzo Saúde.