Os estudiantes de Soneira e Xallas coñecerán de preto a experiencia Erasmus


Unha desas cousas que non se volven repetir, e que che cambian a vida. Así é a experiencia Erasmus, unha oportunidade que ningún estudiante con iniciativa e gañas de vivir pode deixar pasar. Sempre que haxa posibilidades económicas, porque sabemos que cos últimos recortes as axudas para ir estudiar fóra son mínimas.
Un pouco máis sobre este ano de estudios universitarios no estranxeiro poderán coñecer o vindeiro 24 de xaneiro os estudiantes de Soneira. A cita será ás 17:00h na Casa da Cultura de Vimianzo e Daniel Weiss, experto en proxectos europeos, da man da organizadora Afiprodel, explicará os aspectos da nova convocatoria, as novidades máis salientanles e como pressentar proxectos.
A cita será tamén en Santa Comba ao día seguinte, o 25 de xaneiro, pola mañá. Para inscribirse, tendes in formación na web www.xuventude.net, ou na OMIX de Santa Comba (no Multiusos), no tf. 981 81 87 10.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).