Martes. 07.05.2024
El tiempo

QPC, entre os proxectos costeiros que optan aos Premios Afiprodel

QPC, entre os proxectos costeiros que optan aos Premios Afiprodel
Proxectos costeiros para os Premios Afiprodel

A Asociación Finisterrae de profesionais do desenvolvemento local de Galicia (Afiprodel) mantén aberta a votación, ata o 19 de xaneiro, dos seus Premios ao Desenvolvemento Local.

Uns premios que tratan de visibilizar, dar un recoñecemento público e difundir os proxectos e actuacións de desenvolvemento humano local realizado nos territorios de municipios galegos de menos de 20.000 habitantes. E a Costa da Morte é un marco perfecto para desenvolver propostas coma estas.

De feito, temos varios proxectos da bisbarra como candidatos, entre eles o diario dixital Quepasanacosta, que tanto intenta facer pola vertebración e o desenvolvemento da Costa da Morte.

Pero son máis os proxectos que optan aos premios que desenvolven a súa proposta na nosa zona. E comezamos polo Camiño dos Faros, esa proposta que une, a pé, Malpica e Fisterra polo litoral da man do trasno Traski. Sen dúbida un gran exemplo do poder da rede para a dinamización do patrimonio natural.
Outro proxecto singular, moi apegado á terra, é o da Aurora de los Caminos, que fai do mosteiro de San Martiño de Ozón un espazo de vida comunitaria, talleres e de recepción ao peregrino.
Seguimos en clave peregrina para ver a proposta "Sentir o Camiño de Fisterra-Muxía no Concello de Dumbría", un dos concellos que mellor coidan a galiña dos ovos de ouro.
Continuamos por Camariñas, polo "Posta en Valor e Dinamización Turística do Cabo Vilán de Camariñas", unha aposta dos empresarios de Camariñas por recuperar o Cabo Vilán como epicentro cultural que tan bo éxito está acadando.
Tamén en Camariñas propoñen a creación da web mecam.es para a comercialización online do encaixe de Camariñas como proxecto.
E se falamos de artesanía, "O liño, patrimonio cultural convertido en empresa" é outro dos proxectos que nace e serve para modernizar a historia costeira.
En Muxía podemos apostar polo proxecto "Máis mar no Bela Muxía", un dos albergues presentados como o Mesón Albergue Casa da Pepa de Mazaricos, ou a Casa de Carmen de Corcubión.
Quédanos visitar "Naturmaz, Centro de Ocio e Aventura", así como a pioneira iniciativa do Concello de Vimianzo de "Do mar á terra", que mestura arqueoloxía e gastronomía para o deleite do visitante.

Aí están todas as propostas costeiras, vosos son os votos!

Máis información

Nocas relacionadas

Fonte

Comentarios