![concentracion-roubos-vimi]()
Os empresarios de hostalaría de Vimianzo convocan para mañá ás 11:30 horas na praza do concello unha concentración para reivindicar maiores medidas de seguridade despois dos
roubos que sufriron nos últimos días varios locais de hostelería de Vimianzo e Camariñas.
Os empresarios identifican a
escaseza de forzas de seguridade como un dos motivos para que os asaltantes escollan estas zonas e indican que os medios da Garda Civil son moi limitados tanto no ámbito de persoal como nos medios dos que dispoñen. Con esta concentración queren reclamar que se dote aos corpos de seguridade de maoires medios que os axuden a loitar contra os delincuentes.
Apoios
O alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, apoia as reivindicacións da veciñanza. O rexedor vimiancés, xunto con outros alcaldes da comarca solicitaron no día de onte unha convocatoria urxente da Xunta Local de Seguridade, na que participa o Subdelegado do Goberno. A súa intención é trasladarlle a falta de medios da que dispoñen as forzas e corpos de seguridade e coñecer que medidas propoñen dende o Goberno para paliar estas deficiencias.
Ao mesmo tempo o alcalde de Vimianzo solicitou a
colaboración voluntaria do cadro de persoal da Policía Local para establecer un dispositivo de vixiancia e control durante a noite estes días.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Vimianzo