Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os maiores de Vimianzo gozan de tres días de relax no Balneario de Laias

Os maiores de Vimianzo gozan de tres días de relax no Balneario de Laias

Que ben viven estes maiores!! O concello de Vimianzo organizou a primeira excursión do ano 2012 para maiores e o luns pola mañá saían dous autobuses de Vimianzo con destino ao balneario de Laias, en Ourense. As gañas de pasar uns días xuntos fóra de Vimianzo levaron a que a inscrición se pechase porque xa non quedaban asa prazas.

Arredor de cen persoas de todas as parroquias do concello, acompañadas pola concelleira de Benestar Social, Mª Xosé Ramos, pasarán tres días de relax no balneario gozando dos beneficios dos tratamentos e de paseos polo fermosa paraxe onde se atopa o balneario, ademais de bailes e conversas.

Xa retornaron a Vimianzo coas pilas cargadas agardando ata a próxima ocasión en que poidan gozar todos xuntos doutros días de lecer.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios