Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os nenos e nenas de Vimianzo gozaron cos contos de Miro Villar

Os nenos e nenas de Vimianzo gozaron cos contos de Miro Villar
Miro Villar cos premiados concurso de contos do Concello de Vimianzo

Coa chegada do curso escolar a biblioteca municipal do Concello de Vimianzo retomou a programación de animación á lectura para que os máis pequenos gocen dos libros e adquiran o hábito de achegarse á biblioteca.

Durante todo o mes de setembro os protagonistas son os contos populares cunha exposición na biblioteca dedicada aos irmáns Grimm "200 anos de contos". Os nenos e nenas participaron nun obradoiro de títeres no que crearon diferentes personaxes dos contos dos Grimm.

O pasado sábado o escritor ceense Miro Villar achegouse á biblioteca municipal para ter un encontro literario cos nenos e nenas de Vimianzo. Miro Villar comezou a contar o conto A cobiza do verme Noel a través das ilustracións realizadas por Marta Álvarez Miguens. E reamtou o encontro contando a través das ilustracións de Ana Santiso o último conto infantil que publicou o autor Rebelión na charca, unha fábula sobre a prepotencia, a soberbia e o abuso de poder. Un conto rimado que cautivou os nenos e nenas presentes que participaron no sorteo de varios exemplares de libros asinados polo escritor convidado.

O vindeiro mes de outubro a programación de animación á lectura estará dedicada á cociña entre libros, coa compañía do Trinke Trinke e unha merenda con contos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios