Os políticos achéganse á Mostra de Artesanía

08:00 27/08/12
A vicepresidenta da Deputación, María Faraldo achegouse na mañá do pasado venres ata Vimianzo para visitar no Castelo a XIX Mostra de Artesanía en Vivo. Faraldo estivo acompañada polo rexedor vimiancés, Manuel Antelo.
Co gallo da visita, a Asociación de Amigos do Liño preparou un desfile para amosarlle a Faraldo unha gran variedade de prendas feitas con este tecido.
A XIX Mostra de Artesanía en Vivo do Castelo de Vimianzo pode visitarse a diario ata o 31 de agosto. A partires de setembro permanecerá aberta durante as fins de semana en horario de mañá e tarde.
Fonte
- Deputación da Coruña.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).