Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Os protagonistas da casa enchen o auditorio de Vimianzo

Os protagonistas da casa enchen o auditorio de Vimianzo
Os pequenos teatreiros de Vimianzo

Estan sendo moi emotivos os domingos de xuño en Vimianzo, o chamada pola programación cultural "o mes do Noso". I é que se xa repasamos as actuacións da Escola Municipal de Berdoias, hoxe imos ata Pasarela, Carantoña e a capital.

Foi este pasado domingo, cun novo cheo (non hai nada como ter protagonistas da casa para encher o auditorio), cando os pequenos da escola municipal de Vimianzo encheron de risas o auditorio. Os de menor idade foron os primeiros en saír ao escenario a representar "A lei do peixe fritido". O elenco actoral formado por Iker García, Ivaní Sánchez, José Manuel Agustín, Sara Oanes, Lidia Miñones, Ricardo Castiñeira, Víctor Canosa, Andrés Parga, Manuela Lado, Guillermo del Moral, Elías Alborés e Emma Curra levantaron o aplauso dos presentes demostrando as súas dotes interpretativas.

"O merlo branco" era o título da outra función que puxeron en escena Mariña Miñones, Alexia Canosa, María Gándara, Aroa Villverde, Fernando Villaverde, Sara Pena, Alberto Andújar, Ana Ordóñez, Paula Andújar, Irza Sampedro, Tatiana Mouzo, Ilenia Martínez, Lucía Patiño, Héctor García, Alonso de Vicente e Alba Lema. Os aplausos e risas sucedéronse durante difernetes momentos da actuación.

Os Sapapusios de Pasarela

Imos unha semana máis atrás para ver o que fixeron Os Sapapusios de Pasarela, que non quedaron atrás e tamén colgaron o cartel de completo. Pouco despois das oito da tarde saían á escena os actores dispostos a facer gozar ao público dunha tarde de diversión e risas aseguradas, e non defraudaron. José Mª Rocha, Carmen Canosa, Daniel Caamaño, Begoña Lema, Elena Alvarellos e José Manuel Lema fixeron a súa actuación estelar levantando en numerosas ocasións o aplauso do patio de butacas. A divertida trama xunto coa magnífica interpretación dos actores, na que tivo moito que ver o director, resultaron ser unha combinación perfecta para acadar o éxito.

Máis teatro

A vindeira cita teatral será o sábado 22 ás 20:00h co Grupo Teté Teatro de Salto que poñerá en escena O cadáver do señor García.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios