Sábado. 20.04.2024
El tiempo

P.E. Patiñeiro: 5 aereoxeneradores de máis de 200m de altura a 500 metros das casas

Mapa Parque eolico de Patineiro-Vimianzo
Mapa do Parque eólico de Patiñeiro. Fonte: Petón do Lobo
P.E. Patiñeiro: 5 aereoxeneradores de máis de 200m de altura a 500 metros das casas

Da man de Asociacións como Petón do Lobo, que non das administracións nin das empresas, imos debullando como vai ser o novo mapa eólico da Costa da Morte.

Outro que coñecemos é o P.E. Patiñeiro, promovida por Naturgy Renovables, S.L.U. con 5 aereoxeneradores como edificios de 40 pisos (125m de altura de buxe e 150 de diámetro de aspa). Aereoxeneradores que situarán a apenas 530 metros do lugares como Treos, Areosa ou Carneo; a 600 de Quintáns ou Arjomil, e a apenas 1km de Colúns, Treviño ou a zaseira Bouzarroma.<(p>

A entidade denuncia que “Poligonal do parque está sobredimensionada”, e que “a promotora propón unha recalificación urbanística non amparada legalmente”.

Pero coma sempre, a entidade sinala que existe unha “Afección severa e prexuizos serios e irreparables para as explotacións forestais, madereiras e agro-gandeiras da área de afección do proxecto”.

A entidade deixou feito un Modelo de alegacións para todo aquel que queira presentalo.

NOVAS SOBRE OS EÓLICO

Comentarios