Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Peche ao Obradoiro de Emprego compartido de Camariñas, Muxía e Vimianzo

Clausura Obradoiro Emprego Vimianzo
Peche ao Obradoiro de Emprego compartido de Camariñas, Muxía e Vimianzo
Ao igual que acontecía onte cos Obradoiros da Laracha e Carballo, este xoves 28 de setembro celebrouse o acto de clausura do cuarto obradoiro dual de emprego conxunto ‘Camiño ao Emprego 2022’ que compartiron os concellos de Vimianzo, Muxía e Camariñas.

A iniciativa contou coa participación de 20 alumnos e alumnas, que se formaron, cun contrato dual de alumnos e traballadores en prácticas, en dous ámbitos: ‘Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción’ e ‘Montaxe de mobles e elementos de carpintaría’.
O alumnado realizou traballos no local social de Senande e Viseo, en Muxía; no local contiguo á igrexa de Vimianzo e na Escola de Xaviña, en Camariñas, entre outros.
As empresas poderán contar co alumnado grazas ós incentivos de contratación da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

Comentarios