Martes. 16.04.2024
El tiempo

O Percebe da Barca, a MZ, Ponteceso e Vimianzo, presentes no XANTAR

Vimianzo en Xantar 2021
Imaxe do showcooking vimiancés na feira do ano pasado
O Percebe da Barca, a MZ, Ponteceso e Vimianzo, presentes no XANTAR

A vindeira semana (do 9 ao 13 de novembro) terá lugar en Ourense unha nova edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico, XANTAR. E alí volverá estar a Costa da Morte, con diversas participacións aproveitando o stand da Deputación da Coruña.

Non faltará o Concello de Vimianzo, que o vindeiro mércores, de 14:45 a 15:30 horas, organiza unha degustación no espazo reservado para Festas de Interese Turístico. Será, doutra volta, da man do cociñeiro local Fabián Mouzo, que elaborará dous pratos: os callos da Faguía de Carnés e un pincho irmandiño, en relación o Asalto ao Castelo.

Tamén estará o Percebe da Barca coa súa nova marca de calidade Tesouro Atlántico, cun showcooking e degustación.

E non faltará os produtos do selo de calidade MZ. Mazaricos estará o xoves con material propio, xusto antes de participar tamén na Feira de Outono de Santa Comba e na INTUR.

Tamén estarán os percebes de Corme, a Fabada de Ponteceso e o Raxo ao estilo Brántuas, berberechos do Esteiro Anllóns e pan e repostería das panaderías de Ponteceso que comporán o menú que Daniel Santos Esmorís, profesor da Escola de Cociña de Ponteceso.

Comentarios