Piden a catalogación do Castro de Barreiras como Ben de Interese Cultural

19:06 25/10/10

"Grande importancia arqueolóxica"
Destacan que a actuación que nestes días leva a cabo o arqueólogo Tito Concheiro no castro das Barreiras de Ogás, coa apertura de varias catas, pon de relevo o gran valor e importancia do xacemento castrexo. Neste senso hai que destacar o descubrimento de estructuras de asentamento humano, coa aparición de muros redondeados de varias cabanas castrexas, de diverso material cerámico, con distintos adornos, de restos de ferramentas graníticas e de ferro, de anacos de carbón…; as pegadas da actividade humana no humus que rodea as cabanas, nos restos de cinza que apareceron dentro das mesmas; nos sinais inequívocos dun sistema social que se organiza para a súa defensa, levantando a enorme barreira que rodea o castro, para a subsistencia mediante o cultivo das terras do val… Con todos estes datos e outros máis, o arqueólogo vén de datar o castro como un asentamento correspondente a unha época situada entre o século III e I antes da nosa era, sendo un claro exemplo de castro non romanizado. Todo isto fai que o castro das Barreiras sexa un xacemento arqueolóxico de primeiro orde. A situación do castro no medio do val de Vimianzo e a carón da estrada AC-552, supón unhas condicións moi óptimas para o seu acceso, e para desenvolver as futuras campañas de escavación e posta en valor do xacemento. Esta ubicación resulta inmellorable para converter este castro nun parque arqueolóxico rendible para o coñecemento e goce dos veciños e veciñas, e visitantes, converténdose nun elemento moi valioso de atracción turística para Vimianzo, xunto co castelo, os dolmens e outro patrimonio arqueolóxico e histórico.Novas relacionadas
- A Fagía de Carnés é declarada Festa de Interese Turístico Nacional.
- O PP vimiancés congratúlase pola posta en valor do Castro de Ogás.
- 15-10-10: O Castro de Barreiras: o expediente X da arqueoloxía galega.
- 07-07-10: Patrimonio limpa de novo o Castro de Barreiras pero non propón novas ideas.
- 26-10-09: A Xunta recupera por fin o Castro de Barreiras.
- 15-08-08: A voltas coas beirarrúas do Castro de Ogás.
- 22-02-08: Continúan os problemas co castro de Ogás.