xoves. 27.03.2025
El tiempo

O pioneiro e recoñecido pola UNESCO "Ponte... nas Ondas!" chega a Vimianzo

PONTE NAS ONDAS chega a Vimianzo
Santiago Veloso, Emilio Veiga, Mónica Rodríguez, Xosé María Varela, Rosa Blanco, e Pedro Lado na presentación
O pioneiro e recoñecido pola UNESCO "Ponte... nas Ondas!" chega a Vimianzo

Con gran entusiamo o presidente da Asociación Cultural e Pedagóxica ‘Ponte... nas Ondas!, Santiago Veloso, presentou esta mañá a chegada do seu proxecto a Costa da Morte. 

A entidade, recoñecida pola Unesco como modelo de boas prácticas educativas, quere celebrar o seu 30 aniversaario cunha maratón radiofónica que se emitirá desde distintos lugares de Galicia e o norte de Portugal. Un deles será Vimianzo, co Auditorio como punto de emisión desta celebración internacional.

A xornada, que se levará a cabo o vindeiro 26 de marzo, foi presentada esta mañá na Casa da Cultura pola alcaldesa, Mónica Rodríguez, e a técnica de Cultura, Rosa Blanco, que estiveron acompañadas polo, o director do Centro de Formación e Recursos para o profesorado da Coruña, Emilio Veiga, e Pedro Lado e José María Varela en representación do CFR.

Trátase dunha xornada especial de radio escolar, onde o patrimonio cultural e inmaterial terá un papel central. Durante esta retransmisión en directo, a música popular e tradicional, así como os oficios artesanais, serán os grandes protagonistas. O evento contará coa participación de alumnado de 14 centros educativos da Costa da Morte.

A programación incluirá entrevistas e actuacións musicais que achegarán o seu talento para celebrar estas tres décadas de ‘Ponte... nas Ondas!’, cunha emisión en directo simultánea desde outros puntos como Santiago de Compostela, Lugo, Pontevedra, Ourense, Vigo, Valença do Minho e Lisboa. Todas poderán seguirse a través da web oficial da asociación (www.pontenasondas.org) e o portal Escolas nas Ondas.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, afirmou que “é todo un orgullo para Vimianzo ser un dos lugares de retransmisión desta gran festa da radio. Temos moito que contar, moita cultura e patrimonio do que presumir, e é todo un pracer que o alumnado dos centros educativos da comarca sexan os protagonistas e os encargados de facelo”.

Comentarios