Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Pistoletazo de saída aos 25 anos do Asalto ao Castelo cunha ollada ás orixes

xxvaniversario_asalto_vimianzo1
Pistoletazo de saída aos 25 anos do Asalto ao Castelo cunha ollada ás orixes

Hoxe, sábado 2 de xullo, é o día grande. Pero o 25 aniversario do Asalto ao Castelo arrincaba hoxe lembrando a súa orixe. Esta edición, que estrea o calificativo de Festa de Interese Turístico, recibiu a visita de todas as autoridades, incluída a repsencia de Carlos Ameijeiras, do Partido ACB de Corcubión en Bos Aires.  Centos de vimianceses acudiron á praza do Concello para festexar o cuarto de século dunha festa que está a traspasar fronteiras.
Manuel Rial, da organización do Asalto ao Castelo, foi o condutor dun evento que congregou a centos de veciños e veciñas da vila.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, lembrou o nacemento deste evento, “no seo dunha asociación xuvenil e que pouco a pouco involucrou a toda unha vila e comarca. E quero destacar que ese espírito é o máis importante da nosa festa", falando en nome de todos os vimianceses a entidade organizadora Cherinkas, e por suposto a Axvalso (entidade que iniciou a festa). 
“Pasaron xa 550 anos da Gran Guerra Irmandiña, ese momento no que o pobo se ergueu contra o abuso dos señores feudais. Por iso cada ano convertémonos en asaltantes para tomar o castelo de xeito simbólico”, explicou.

O presidente da Deputación e Secretario Xeral do PSdG, Valentín González Formoso, lembrou que "o castelo de Vimianzo e un elemento patrimonial que é un orgullo para todos nós".

A subdelegada do Goberno en A Coruña, María Rivas, asegurou que “Vimianzo ten patrimonio, ten cultura, ten historia e ten gastronomía. Un bo número de atractivos que merecen ser coñecidos e visitados”.
Tamén falou o delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, que apuntou que “o asalto, inspirado na gran guerra irmandiña do 1467, é unha mostra da tradición que encumbra ao pobo galego como ensalzador de liberdade e de xustiza".

NOVAS DO ASALTO 2022

Comentarios