Domingo. 03.07.2022
El tiempo

O programa do 25º aniversario do Asalto ao Castelo de Vimianzo

Presentación Asalto 3
O programa do 25º aniversario do Asalto ao Castelo de Vimianzo

Xa non queda nada para os 1 e 2 de xullo de 2022. A poboación irmandiña da comarca de Soneira leva esperar 2 anos sufrindo as consecuencias dos excesos da nobleza, e da pandemia, e vén con forza para celebrar ciunha grandísima Revolta a 25ª edición do Asalto ao Castelo. A A.X. Cherincas, a Axvalso e o Concello de Vimianzo realizaban onte a presentación oficial nun evento cheo de emoción, lembrando que a estrea do calificativo de Festa de Interese Turístico de Galicia.

Presentación Asalto 2
Na presentación participaronMichel Antelo (Axvalso), o deputado José Manuel Pequeño; a xefa da Área de Turismo da Xunta de Galicia, Ana Teresa Cimas; o concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez;
a alcaldesa, Mónica Rodríguez; Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación da Coruña; Alba Mancebo, en representación da Asociación Cherinkas, Marta Gayoso en representación de Axvalso, e diversas persoas moi vencelladas á organización deste evento.

Precisamente a cita serviu para poñer en valor esa singular representación teatral artellada pola xente da vila, na que se mestura a actualidade coa inspiración medieval das revoltas das irmandades no século XV. Todo enmarcado nun escenario inmellorable como é o castelo.

Foi Alba Mancebo, a xornalista da TVG, parte intrínseca desta festa dende o berce, a que deixou clara a importancia que esta festa ten para a veciñanza vimiancesa. Debullou a presentación e destacou que “este ano o festival serán dous días, xa que haberá concertos dous días e convidou á xente a “visitar a páxina web do Asalto para visualizar a cantidade de actividades que se levarán a cabo”.

A continuación, Marta Gayoso, de Axvalso, destacou que “estamos aquí reunidos presentando a programación da festa da veciñanza, a festa máis gamberra. Para min a máis emotiva, porque alá polos anos 90 do século pasado, xa andaba alzando o facho ao berro de lume”.

Pola súa banda, Míchel Antelo, quixo transmitir cunha camiseta dunha edición pasada “a importancia do paso do tempo, e o preciso que é que veña xente con forza para que sigamos entre todas e todas establecendo pontes entre todas e todos para que esta festa non decaia”.

Foi a alcaldesa a que apelou o “sentimento” que supón para todo o pobo de Vimianzo. “Grazas Cherinkas. Grazas Axvalso. Grazas a tantísimos e tantísimos nomes que hoxe é imposible enumerar por falta de tempo pero que teñen a “culpa” de que hoxe poidamos presentar unha cita que nos ilusiona a todas e todos por igual”, subliñou, para rematar convidando a todas as persoas que o desexen a pasar unhas xornadas inolvidables no contexto do Asalto. “Lume!”, rematou a alcaldesa.

Datas previas

A semana antes, o sábado 25 de xuño dará comezo oficialmente a festa coa celebración da VI Legua Irmandiña, unha carreira con distancias do medievo que ten como fermosa meta no solpor o propio Castelo de Vimianzo. Para inscribirse, o prazo abrirase proximamente para as diferentes categorías en www.galitiming.com.

No día seguinte, o domingo 26 de xuño, terá lugar unha das novidades desta edición, unha emotiva ruta guiada polos escenarios e lugares da historia da festa que contará cunha subida á mítica Cruz do Loureiro. Un dos pratos fortes, literalmente, do Asalto ao Castelo de Vimianzo serán os XIII Pinchos Irmandiños que animarán a vila do martes 28 de xuño ao sábado 2 de xullo. Nesta edición, organizada pola hostalería de Vimianzo, participan propostas locais que só poden levar como ingredientes produtos que existisen no século XV en Galicia. Poderase premiar ao establecemento mellor decorado e tamén ao mellor petisco. E se se fala de gastronomía medieval, a gran referencia é a Cea Medieval que conta xa con once edicións. Xa están as entradas esgotadas. Será o venres 1 de xullo.

Onde aínda hai sitio é nas Irmandades Parroquiais da Terra de Soneira. Un emotivo desfile de veciñas e veciños da comarca histórica gobernada polo Castelo, que se xunta e prepara para a gran noite do sábado, 2 de xullo. Reunidos na praza do Concello, escoitarase o pregón da festa e levantarase a bandeira ao son da Muiñeira de Vimianzo, unha composición creada polo grupo de Burela Medio Quinhón inspirada no Asalto ao Castelo e que será presentada oficialmente nese momento.

Antes diso, pequenos e maiores gozarán do Asaltiño, unha gran batalla de auga nunha representación do Asalto adaptada para a rapazada, que será en horario de 16:30 a 17:40 horas.

Durante o resto do día grande, o sábado 2 de xullo, nas rúas de Vimianzo desenvólvese a X Feira Artesanal e haberá múltiples actividades: xogos, obradoiros de combate e moda medieval, a visita teatralizada no Castelo polo alumnado do IES Terra de Soneira e a música de rúa da A. C. Trubisquiña, Batucada As Curandeiras-Kosoko Nasera, Medio Quinhón e Batucada Rapacollón´s Big Band Fisterra. O Asalto ao Castelo ten detrás o traballo da veciñanza e de asociacións sen ánimo de lucro. Cherinkas, AXVALSO e o Concello de Vimianzo son as entidades sobre as que recae o peso principal deste evento, mais outros colectivos da vila e comarca fan posible a celebración da festa.

 

PROGRAMA ASALTO AO CASTELO 2022

• SÁBADO 25 DE XUÑO
11:00 + 17:00 | Visita Guiada (Castelo)
21:00 | VI Legua irmandiña (Praza do Concello-Castelo)

• DOMINGO 26 DE XUÑO
10:30 | Ruta Teatral á Cruz do Loureiro. Diálogo co Tempo e co Lugar (Praza Castelao-Castelo)
17:00 | Visita Guiada (Castelo)

• DE LUNS 27 DE XUÑO... A VENRES 1 10:00 a 14:00 | Semana Medieval (Campamento VimiVerán)

• DE MARTES 28 DE XUÑO... A SÁBADO 2 12:00 a 15:00 e 19:00 a 23:00 | XIII PINCHOS IRMANDIÑOS

• XOVES 30 DE XUÑO
12:00 | Xornada Internacional sobre Patrimonio Cultural e Camiños de Santiago (Casa de Cultura)
20:00 | Espazo Artístico Itinerante (Rúa)
20:00 | Des-enterro Irmandiño (Rúa)

• VENRES 1 DE XULLO
20:00 | Espazo Artístico Itinerante (Rúa)
21:00 | IV Enlace Irmandiño (Foso do Castelo)
21:30 | XI Cea Medieval (Foso do Castelo)
00:00 | Noite Meiga (Foso do Castelo)
00:00 | Portas Abertas: Cé Orquestra Pantasma. Queimada. Loita druídica: Roberto Traba vs Miguel Queiro
01:00 | Concertos:  Monoulious Dop e A Banda da Balbina

• SÁBADO 2 DE XULLO
MAÑÁ (PRAZA DO CONCELLO, agás especificacións)
10:00 a 20:30 | X Feira Artesanal
11:00 a 13:00 | Xogoflexia. Obradoiros Infantís: Cruz Vermella
11:10 a 12:00 | Xogos de Mesa Irmandiños (Demo): INCUDE
11:30 | Xadrez: Torneo de Rápidas INCUDE
12:30 | Torneo de Clash Royale: INCUDE
12:45 | Músicas do Mundo Revolucionário: Suso Quinito
13:00 | Taller de Esgrima Infantil: Club Falcata HEMA
13:15 | Técnicas de Combate Medieval: Club Falcata HEMA
13:30 | Moda Medieval. Cómo vestía un soldado: Club Falcata HEMA
13:45 | Espazo Artístico Itinerante (Rúa)
13:45 | Sesión vermú ambulante: Lilicleta (Rúa)

TARDE (PRAZA DO CONCELLO, agás especificacións)
16:00 | Torneo Internacional de Xadrez por Internet: INCUDE
16:00 | Aturuxos Irmandiños: Arenga Musical con Medio Quinhón
16:30 a 17:40 | ASALTIÑO
16:30 | Irrupción da Hoste dos Moscoso
17:00 | Concentración de Tropa (Praza Castelao)
17:10 | Ataque ao Castelo (Foso do Castelo)
17:40 | Viaxe no tempo. Historia Dramatizada do Castelo (Patio de Armas do Castelo)
18:15 | Moda Medieval. Cómo vestía un soldado: Club Falcata HEMA
18:30 | Técnicas de Combate Medieval: Club Falcata HEMA
18:45 | Taller de Esgrima Infantil: Club Falcata HEMA
19:00 | VI Irmandade Parroquial
19:40 | Presentación da Muiñeira de Vimianzo: Medio Quinhón
19:50 | Pregón + Izado da Bandeira Irmandiña
20:00 | Des-Concerto: Los Jinetes del Trópico
20:10 | Circuíto Musical (Rúa): A. C. Trubisquiña
Batucada As Curandeiras-Kosoko Nasera
Medio Quinhón
Batucada Rapacollón´s Big Band Fisterra
Lilicleta

21:00 | Música con Marcos: Teima (Praza Castelao)
Sapoconcho Sem Poncho (Vázquez Mouzo)

NOITE (ZONA DE CONCERTOS)
21:00 | CEA
22:00 | Sés
23:30 | ASALTO AO CASTELO
01:00 | Nativa
02:30 | Talco
04:00 | Tandub

• DOMINGO 3 DE XULLO
11:00 | Visita Guiada (Castelo)
12:30 + 17:00 | Visita Teatralizada: Quinquilláns (Castelo)
13:30 | Sesión Vermú: Medio Quinhón (Praza Castelao)

Cartel Asalto ao Castelo Vimianzo 2022

NOVAS DO ASALTO

 

comentarios