Vimianzo quece motores para o Asalto ao Castelo

Esta fin de semana hai de todo na Costa da Morte. A Axenda está completa, con paradas obrigadas no Percebe de Corme e no Asalto ao Castelo de Vimianzo.
Paramos hoxe na capital de Soneira para ver como están eses preparativos. Polo de pronto, xa podemos ver como as paredes da zona dos concertos van collendo cor, e como a vila vaise engalando de pendóns e demais atrezos medievais.
Ademais, o completísimo Programa xa está en marcha e ao longo da semana xa podedes ir facendo a Ruta dos Pinchos Irmandiños (podes facela descargando a APP), e achegarvos ao Castelo para ver o Museo de Artesanía en vivo e as visitas guiadas e teatralizadas, pero esquecede conseguir entradas para a sempre ateigada Cea Medieval do venres no foxo do castelo.
Pero todos agardamos polo distintivo que fai desta unha festa única: a representación teatral. Este ano, da man de Guillermo Méndez, que volve dirixir unha representación que leva o seu ADN. Este 2022 a a representación irmandiña chámase VIMIANÇUS, e María Queiro nos deixa este avance:
Programa
Queda pensarmos xa no sábado 2 de xullo. Dende as 10:00 estará aberta a X Feira Artesanal na Praza do Concello, con xogos diversos para nen@s. Pola tarde, a partir das 16:30h, Asaltiño, a gran festa para a cativada da zona, e actividades durante toda a tarde. O izado da Bandeira Irmandiña e o Pregón serán ás 19:50,, abrindo xa a serie de concertos cos divertidísimos vigueses Los Jinetes del Trópico, e o pasarrúas cos grupos da casa. Na Praza Castelao volverá haber máis música, e ás 22:00h arrinca o festival con Sés.
Coma sempre, parará a música ás 23:30h para dar paso á representación, que comeza na zona de concertos pero rematará no Castelo. E ao remate da reconquista, máis concertos con Nativa, Talco e Tandub.
NOVAS DO ASALTO 2022
- Programa do Asalto ao Castelo.
- O Castelo de Vimianzo recupera o Museo de Artesanía en Vivo e as Visitas Teatralizadas.
- A hostalería de Vimianzo prepara os seus Pinchos Irmandiños.
- Asalto 22: A Feira de Artesanía do Asalto busca artesáns.
- Asalto 22: VIMIANÇUS, a representación irmandiña do Asalto, busca protagonistas.
- Asalto 22: O Asalto poderá celebrar o 25 aniversario como Festa de Interese Turístico Galego.
- Asalto 2022: O Asalto ao Castelo recupera a música e a súa singular representación para celebrar o seu 25 aniversario.
Máis Asaltos
- ”Asalto 2021”: O lume tomou as terras irmandiñas.
- Decembro 2019: O Asalto tamén vai polo bo camiño para ser declarada Festa de Interese Turístico.
- Asalto 2019: A calor irmandiña invadiu Vimianzo nun exitoso Asalto ao Castelo.
- Asalto 2017: O Asalto rexistrou o maior éxito de público da súa historia.
- Asalto 2016: Os irmandiños volven a Vimianzo.
- Asalto 2015: O XX Asalto ao Castelo 2015, xa no youtube.
- Asalto 2015: A representación teatral reivindica a singularidade dos 20 anos do Asalto ao Castelo.
- Asalto 2013: Asalto ao Castelo, a traca final (en vídeo).
- Asalto 2012: O Asalto definitivo (en vídeo).
- Asalto 2012: A Revolta Irmandiña máis numerosa tomou Vimianzo.
- Asalto 2011: O Asalto 2011 en vídeo.
- Asalto 2011: Os irmandiños volveron recuperar o poder do Castelo de Vimianzo.