Venres. 19.04.2024
El tiempo

O presidente da Deputación comprobou a potencia empresarial vimiancesa

A entidade provincial anuncia a mellora integral da seguridade da estrada DP 9203 de Caxadas a Baíñas, cunha senda peonil e a eliminación do “punto negro” das curvas de Padreiro.
German Lema de Gerca recibindo a expedicion institucional
Germán Lema facendo unha ruta empresarial á expedición institucional por GERCA
O presidente da Deputación comprobou a potencia empresarial vimiancesa

Este xoves, o Concello de Vimianzo recibiu a visita institucional do presidente da Deputación Provincial da Coruña, Valentín González Formoso. Unha visita para anunciar a mellora integral da seguridade da estrada DP 9203 de Caxadas a Baíñas. O ente provincial adxudicará nas vindeiras semanas a redacción do proxecto de mellora da seguridade vial, que contempla a construción dunha senda peonil de dous quilómetros entre Caxadas e Castrelo e a eliminación do “punto negro” das curvas de Padreiro.

A expedición, acompañada por José Manuel Pequeño e a alcaldesa Mónica Rodríguez, fixo un paseo polo mercado municipal que se celebra cada xoves, e tiveron tempo para coñecer tres importantes empresas locais de diferentes sectores: Agrosoneira, dedicada á produción de pensos e produtos para o campo e a gandería; a carpintería metálica Gerca e Cárnicos Domínguez, decidada á comercialización de produtos de carnicería.
Puido comprobar a potencia de tres empresas que trascenden a comarca, pero que seguen comprometidas ca súa terra.

Visita institucional a Gerca a empresa de VimianzoMonica Rodriguez Gonzalez Formoso e Pequeno no mercado de Vimianzo

Plan Único

Formose lembrou que son máis de 6,6 millóns de euros os investidos pola Deputación en Vimianzo neste curso, con varias obras de urbanización, humanización e acondicionamento de núcleos rurais, construción de redes de saneamento e abastecemento de auga ou parques infantís, ademáis de financiar servizos básicos e amortizar parte da débeda municipal.

Este 2020 financiará este ano obras como a rehabilitación das rúas do núcleo rural de Bribes (81.886,30 €), a dotación de rede de abastecemento de auga potable aos núcleos de Piñeiros, Paizás e Castiñeiras (151.911 €), a construción dunha explanada diante do colexio de Baíñas (60.019 €), a pavimetación da praza de Cereixo (127.961) ou a mellora do acceso ao Sisto.

Lembrou ademais o proxecto de rehabiltación e mantemento do Castelo de Vimianzo, renovando a súa instalación eléctrica e dotándoo de novos sistemas de son e alumeado LED.

Comentarios